Aviso legal
Propiedade intelectual
A Xunta de Galicia é titular do dominio de internet https://eva.edu.xunta.gal
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia.
Cláusula de exención de responsabilidade
Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
A Xunta de Galicia reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Reprodución
A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.
Servizo
Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.
Recomendacións de acceso
A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
Termos de uso
Nesta plataforma non se permiten comportamentos, accións ou publicacións que ben polo seu contido ou na súa forma atenten contra o respecto, a liberdade e os dereitos de outros. Neste sentido, non se tolerarán actitudes inadecuadas por parte de ningún dos usuarios como o abuso, a intimidación, o acoso ou a ameaza.
Non se permite transmitir a través desta plataforma calquera contido que puidera violar os dereitos protexidos pola actual normativa da propiedade industrial e/ou propiedade intelectual.
Todos os contidos e informacións publicadas por parte de calquera dos seus usuarios deben respectar os dereitos de protección de menores, así como tamén os referidos á integridade moral dos demais usuarios de EDIXGAL e de terceiras persoas.
Non está permitido o uso desta plataforma con fins distintos aos estritamente educativos.
Non se permite o uso con fins comerciais, intervencións con ánimo de lucro, nin a promoción ou difusión de ningún tipo de grupos ou asociacións políticas ou relixiosas.
Ningún usuario de EDIXGAL pode usar esta plataforma con propósitos ilícitos, ilegais ou non autorizados.
Privacidade
A política de privacidade da Xunta de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluído o modo que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento xeral de protección de datos e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos?langId=gl_ES